Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Solicitan que a variante de Aradas leve o nome da camioneira Celia Rivas

    Santiago. Compromiso por Galicia, por medio de Xoán Bascuas, o seu candidato ás eleccións locais, propón designar co nome de Celia Rivas á recentemente inaugurada variante de Aradas.

    Dende a formación galeguista propoñen o cambio de nome para recoñecer a traxectoria vital de Celia Rivas, a primeira camioneira do estado español.

    Esta fisterrá, explican, "herdou este oficio de seu pai, e conseguiu o carné xusto antes de comezar a Guerra Civil. Fundaría logo a empresa que leva o seu apelido. Tiña sona de ser a mellor compradora da lonxa fisterrá e que estaba dotada dun sensible instinto para os negocios, o que fixo dela unha muller emprendedora ao longo da súa vida".

    Por isto, explican que a vida de Celia Rivas "é un exemplo a seguir e unha muller emprendedora que loitou polo seu soño, sendo pioneira nunha profesión só destinada para os homes".

    Dende Compromiso agardan que esta moción se debata no próximo pleno e teña o apoio de todos os grupos municipais.

    05 feb 2019 / 22:52
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito