Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Suma Ribeira alerta do alto gasto que terá a depuradora

Según dita formación, vai supoñer 300.000 € só en enerxía, un 25 % do mantemento

    A formación política Suma Ribeira considera que as administracións competentes optaron por unha infraestrutura para a depuración de augas residuais "con altos requirimentos enerxéticos no seu funcionamento", o que vai implicar, por exemplo, un gasto estimado duns 300.000 euros, "é dicir, un 25 % do custe total anual de 1.200.000 € que está previsto que teña que dedicar o Concello para o seu funcionamento e mantemento".

    Tras lembrar que as instalacións presentaron dende o principio serias deficiencias de funcionamento, apunta a conveniencia de estudar mecanismos de compensación á hora de trasladarlle ditos gastos á cidadanía. Así, suscitan a análise de posibles medidas como unha bonificación na taxa do saneamento a aqueles domicilios con menor consumo de auga, reducións ou mesmo exención da mesma para as familias con escasos recursos. Tamén se pregunta se debe o Concello recadar mediante as taxas a totalidade dos 1.200.000 euros de custe previstos.

    Finalmente, indica que "debe ser o pleno, escoitando á veciñanza, quen aborde con claridade, transparencia, responsabilidade política e sensibilidade social unha política xusta e solidaria de implantación legal das taxas de saneamento que respondan a estas cuestións".

    09 dic 2019 / 22:45
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito