Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Supervisan en Noia as obras da pasarela peonil do peirao do Marqués

Durante a visita que realizou xunto á presidenta de Portos, o alcalde destacou que a actuación terá continuidade co proxecto de mellora da fachada marítima

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou onte a vila de Noia para supervisar o inicio das obras de construción dunha pasarela peonil no peirao do Marqués. Estivo acompañada polo alcalde da localidade, Santiago Freire, á fronte de gran parte da Corporación municipal.

Os traballos estanse a levar a cabo dende a confluencia do Marqués coa rúa Pedro Sartaña ata o Malecón de Gasset. Trátase d­unha estrutura voladiza de 2,5 metros de ancho e 125 de lonxitude que proporcionará unha plataforma para o tránsito seguro dos peóns, separados da calzada.

"A estrutura que montaremos é de aceiro inoxidable, pero agora estamos desmontando o cantil, unhas pezas que están numeradas e que se van colocar de novo, ancladas cunhas varillas. O plazo de execución das obras é de tres meses", apuntou a titular do ente público, quen destacou que esta intervención forma parte "dun proxecto moi ambicioso do Concello, para dar a volta á vila, pasando pola ponte nova".

Pola súa banda, o rexedor anunciou que esta actuación de Portos terá continuidade ata a ponte do Campo das Rodas, grazas ao proxecto de adecuación da fachada marítima, adxudicado recentemente pola Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar á empresa Copcisa. "No Campo de Noia está previsto tamén a construción dunha glorieta, a ampliación da xa existente e dos carrís de circulación. Isto permitirá mellorar o tránsito peonil e as condicións de tránsito dos vehículos", afirmou o mandatario.

Tras visitar a actuación do peirao do Marqués, a comitiva oficial desprazouse ata o paseo marítimo de Labarta, onde a administración local traballa con dito departamento autonómico na habilitación dun novo aparcamento público, que permitirá habilitar máis de 120 novas prazas na zona e incluso algunhas para autocaravanas.

O rexedor aproveitou para pedirlle o soterramento do cableado eléctrico que bordea o paseo marítimo nese tramo.

Finalmente, ambas autoridades trasladáronse ata Testal, onde a titular de Portos coñeceu as necesidades das instalacións portuarias de man do patrón maior noiés, Santiago Cruz.

{ BLANCO O NEGRO }

Seguridad siempre

EN LA ACTUALIDAD varios ayuntamientos de la comarca se encuentran ejecutando o diseñando proyectos para construir sendas peatonales seguras e integradas en el paisaje, actuaciones con las que, además, se mejora el tránsito de los vecinos de Noia, en este caso, y del entorno, pues en una comunidad como Galicia, donde la carretera suele ser la vía de unión entre los núcleos poblacionales, esto conlleva a menudo muchos riesgos. De ahí la importancia de estos caminos. Viendo el resultado de otras pasarelas de la zona ejecutadas hasta el momento, el éxito de estos itinerarios peatonales está constatado. Invertir en seguridad vial siempre.

O PROTAGONISTA

Santiago Freire

Alcalde de Noia

"está prevista a conexión coa variante"

Respecto á continuación da actuación, Santiago Freire salientou que "estamos falando duns investimentos moi importantes e que levaron moitos anos de traballo, pero que permitirán unha importante mellora estética e de seguridade, ademais de deixar resolto un problema histórico na vila". Rematadas estas obras de Portos, nun prazo de tres meses, iniciarán a parte de Costas. E, ao final, "imos conectar coa ponte da variante e así os veciños e veciñas poderán facer un itinerario peonil de aproximadamente seis quilómetros de xeito paralelo á ría e con saída e volta á vila", avanzou.

31 oct 2019 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito