Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

"Talentia 2018" trata de conectar emprego e talento en Santiago

O foro, que se celebra no Palacio de Congresos este martes e mércores, pretende ser un espazo para o encontro e o diálogo no ámbito laboral // Os asistentes poden xestionar ofertas de traballo, recibir orientación profesional ou elaborar un videocurrículum

O Palacio de Congresos acolle este martes e mércores o maior encontro do Talento e Emprego. Talentia 2018 pretende chegar a xestionar máis de 150 ofertas de traballo. A iniciativa trata de crear un espazo para o encontro, a reflexión e o diálogo no ámbito laboral. Buscar ideas, coñecer empresas de cerca ou atopar unha orientación profesional son as bases deste foro.

Talentia distribúese en varias partes: ponencias, obradoiros, presentación de empresas ou unha área de mentoring, con 15 puntos onde atopar asesoramento persoal.

Os asistentes tamén poden aproveitar para crear a súa propia marca persoal, por exemplo elaborando un videocurrículum.

13 nov 2018 / 14:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito