Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
éxito

O tema en galego 'A festa non vai parar' soa en toda Europa

Do coruñés DjSon1c é o cuarto en votos para o Eurodanceweb, que escolle o mellor dance do continente

    Logo de xa medio ano a bater forte na discoteca Tattoo, na Estrada, o tema A festa non vai parar participa agora como representante da música dance do estado español no certame Eurodanceweb 2008, un proceso que procura escoller en Internet os mellores temas do dance elaborados en Europa.

    A festa non vai parar é unha peza elaborada por DjSon1c, un dos picadiscos residentes de Tattoo, e cantado por Isis, unha catalá filla de galegos. Quen os puxo en contacto foi a produtora catalá Moguda, que foi a que lle propuxo ao picadiscos facer un tema na nosa lingua. De facto, Moguda funciona tamén na rede como un punto de encontro, unha especie de comunidade virtual do dance catalá e, o quizais máis curioso, en catalán. O caso foi que a letra, sinxela, ao xeito de calquera outro tema dance, comezou a soar en galego en discotecas alemás, xaponesas ou chinesas, favorecida por atoparse para descarga libre na web.

    Tamén neste país, onde era de agardar que un público especialmente galegófono como é o que acode ás grandes discotecas non podía máis do que recibir con aprecio unha peza da súa música na súa lingua.

    O Eurodanceweb Award celebrará este ano a súa oitava edición e, como recollen no seu web, contarán por vez primeira con cancións en linguas non estatais ("regional languages", chámanlles) entre as que optan a gañar. Así, con A festa non vai parar, participará o tema Stop, no alemán da Suíza.

    19 ago 2008 / 03:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito