Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
DE TODO UN POUCO

Tradutor de Martín Fierro

    CHAMÁBASE Bernaldo Souto e nacera en Ribadavia en 1914. Emigrou a Buenos Aires con 14 anos, e con só 16 incorporouse á Sociedade Nazonalista Pondal. Voltou a Galicia unha soa vez con 82. Era un home tímido, de poucas falas pero ó mesmo tempo de conversa afable, e intransixente defensor dos dereitos de Galicia. Nos anos cincuenta pertencía a Irmandade Galega.

    Era poeta. Colaboraba na prensa galega da Arxentina. Andaba sempre moi atilado, e os seus modais eran os dun home refinado, culto. Martín Fierro, o gran poemario gauchesco de José Hernández, traducido a moitas linguas, non o tiñamos en galego. Encomendáronlle esta tarefa a Francisco Luis Bernárdez e a Eduardo Blanco Amor, pero ningún dos dous chegou a traducilo. Souto asumiu esa tarefa. Publicouno Edicións Anxel Casal. O poeta finou ancián en Buenos Aires na cidade da súa formación, á que amaba case tanto como á súa natal Ribadavia.

    Escritor

    02 nov 2015 / 22:41
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito