Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
pan e coitelo

Un de académicos

    A ELECCIÓN de Filgueira Valverde para o Día das Letras Galegas provocou, por mor do seu pasado franquista, un grande enfado en moitas persoas comprometidas coa cultura. O nomeamento só tería causado un proído se non chovese sobre mollado. As liortas públicas dos académicos da RAG (que son os que elixen o persoeiro), a incapacidade de gobernarse a si mesmos e a total ausencia de iniciativas paliativas ante o tremendo declive da lingua galega, só requirían dun precipitante definitivo que fixese estourar o descontento. Benvido sexa, se á marxe de Filgueira serve para enfrontar a casta cultural galega e a política lingüística institucional, que foi tamén a dos partidos do poder en Galicia, sen excepción ningunha.

    As asociacións lingüísticas contrarias ao nomeamento reuníronse e propoñen un día das letras alternativo. Deberían baixar ao fondo e estudar un proxecto completo, serio, asumíbel, para que as organizacións políticas que gobernarán no futuro Galicia o fagan seu. Con tres piares que parecen imprescindíbeis. A reorganización das institucións lingüísticas e culturais sostidas con diñeiro público, que desenvolven a mesma actividade, ocupadas polos mesmos individuos (RAG, Consello da Cultura, Instituto da Lingua, Instituto Ramón Piñeiro e outras). Unha vinculación útil e rexeneradora do galego co brasileiro e o portugués. E medidas para unha nova política lingüística, eficiente e non conflitiva. Con rigor e sen petardos.

    www.sarille.eu

    14 jul 2014 / 20:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito