Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
volume de gran formato

Un libro fotográfico revisita os fitos da arquitectura da auga en Galicia

O selo Guiverny propón unha viaxe arredor do país dos mil ríos// Dez textos acompañan as imaxes a toda cor de Sergio Portela, que glosan a relación dos galegos co líquido elemento

Abrir as páxinas de Arquitectura da auga en Galicia (Guiverny, 2013) é decatarse da relación privilexiada que Galicia ten coa auga en todas as súas manifestacións. Abonda tamén con ollar a chuvia perpetua dos últimos dous meses, comprobar o nivel dos encoros e dos ríos, testemuñar o ingreso das ondadas nos paseos marítimos para se decatar de que ese convivio co líquido elemento é ineludíbel para os habitantes deste país.

Arquitectura da auga en Galicia

é un volume de gran formato, con fotografías a toda cor de Sergio Portela Campos, pintor, escultor e fotógrafo, autor, entre outros conxuntos, do Monumento a Jules Verne, ao pé da Illa de San Simón (Cesantes, Pontevedra).

Dez textos, que condensan referencias históricas, arquitectónicas, sociais e mitolóxicas, acompañan as imaxes tomadas por Portela para este traballo. O primeiro, o limiar, de Clodio González Pérez, que lle dá paso ao artigo Auga e arquitectura, de Alberto Fortes López.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

12 feb 2014 / 19:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito