Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
a partir da semana que vén

Unha aplicación móbil permitirá estacionar en Santiago sen ter que usar o parquímetro

O sistema e-park, o parquímetro persoal no móbil, revoluciona o estacionamento regulado, facéndoo máis amigable e sinxelo

    O Concello de Santiago de Compostela, a través do Grupo Setex, lanza e-park, a nova aplicación móbil para o aparcamento. O concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, presentou o proxecto en rolda de prensa, acompañado polo presidente de Setes, Jaime López de Aguilar. A aplicación entrará en funcionamento a partir da semana que vén.

    Esta aplicación gratuíta, dispoñible inicialmente para iPhone e Android, aínda que en próximas datas será compatible con todos os sistemas operativos de Smartphone, permite aos usuarios realizar todas as funcións propias dos parquímetros instalados na rúa con moita máis comodidade e sinxeleza.

    Os usuarios obteñen, entre outras, as seguintes vantaxes: non teñen que levar moedas, poden alongar o tempo de estacionamento sen volver ao coche, reciben un recordatorio cando está próximo a expirar o tempo de estacionamento autorizado, poden anular denuncias dende o móbil, e o mellor de todo, pódelles saír gratis o estacionamento.

    En efecto, os tíckets en vigor, cando xa non son necesarios, poden ser ofrecidos ao resto dos usuarios que poden "capturalos" para o seu uso.

    Esta función, rexistrada por Setex, converte o estacionamento nunha rede social na que uns usuarios ofrecen a outros a posibilidade de aparcar gratis.

    O sistema e-park, o parquímetro persoal no móbil, revoluciona o estacionamento regulado, facéndoo máis amigable e sinxelo.

    Máis información en www.e-park.es

    Liña de autobús ao Polígono do Tambre
    Na rolda o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, aproveitou para indicar que a liña P6 ao polígono do Tambre que ía comezar a ser operada por unha nova empresa a partir do 15, empezará finalmente o día 22. Mentres tanto, seguirá funcionando o actual servizo.

    12 jul 2013 / 17:02
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito