Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha boa cita para festexar o nexo entre Galicia e Portugal

Valentín García presentou a gala aRi(t)mar 2017// A segunda edición do certame celebrarase o 31 de outubro en Santiago

Unha festa para coñecer e difundir a poesía e música editadas en Galicia e Portugal o ano pasado. Unha celebración para achegar as dúas linguas e as dúas culturas que se desenvolven a ambas beiras do Río Miño. A segunda edición da Gala aRi(t)mar foi presentada onte no salón de actos do Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, un evento que reunirá na capital de Galicia os músicos e poetas galegos e portugueses premiados no segundo curso dos Premios aRi(t)mar Galiza e Portugal.
Esta celebración trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa –a través da Escola de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela- que apoia a Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco das accións coas que a Xunta de Galicia desenvolve a coñecida como Lei Paz-Andrade, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

07 jul 2017 / 19:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito