Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

UNHA CHOCOLATADA CON CHURROS AMENIZARÁ A ESPERA DOS REIS MAGOS O DÍA DA CABALGATA

A partir das 17 horas haberá obradoiros infantís e música na carpa situada xunto ao Belén Artesanal // Todos os nenos poderán saudar ás Maxestades e recibirán un agasallo

    Os Reis Magos de Oriente estarán en Valga o vindeiro 5 de xaneiro con motivo da tradicional Cabalgata que, como é habitual, terá lugar nas inmediacións do Belén Artesanal en Movemento.

    Unha carpa instalada para a ocasión albergará, a partir das 17 horas, diversas actividades para os máis cativos e tamén para os maiores. Haberá unha gran festa infantil con obradoiros e música e, ademais, unha chocolatada con churros gratis para amenizar a espera das Maxestades.

    A chegada dos Reis está prevista para as 18 horas. O alcalde, José María Bello Maneiro, será o encargado de darlles a benvida e, a continuación, entregaranse os premios do XVIII Concurso de Beléns.

    Despois chegará o momento máis agardado por todos os nenos, que poderán subir a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, que lles entregarán un pequeno agasallo como anticipo de todos os que atoparán nos seus fogares na mañá do día 6.

    Os Magos necesitan axudantes

    Precisamente para realizar este reparto de agasallos, os Reis necesitan contar co maior número de paxes e colaboradores que lles boten unha man e os arroupen na comitiva real. As persoas que queiran participar na Cabalgata e vivir unha tarde chea de maxia e ilusión xunto ás Maxestades de Oriente aínda poden anotarse na Casa do Concello antes do día 1 de xaneiro.

    26 dic 2019 / 23:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito