Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz
A imaxe de 1886 pertence ao arquivo de Alvarellos Editora e será exposta en febreiro no Museo de Pontevedra
![Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x585/0c40/900d506/none/102922340/THRS/sintitulo1_651232_0x0_izda_CG849116_MG147642119.jpg)
![Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x584/0c39/900d506/none/102922340/OXTM/sintitulo1_651233_310x0_izda_CG849116_MG147642120.jpg)
![Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x584/0c39/900d506/none/102922340/PRTM/sintitulo1_651234_308x0_izda_CG849116_MG147642121.jpg)
![Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz Unha descoñecida fotografía de Xoán Montes sae á luz](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x580/0c37/900d506/none/102922340/MTEQ/sintitulo1_651235_118x0_izda_CG849116_MG147642122.jpg)
O arquivo gráfico de Alvarellos Editora segue a deparar sorpresas e achados importantes para a reconstrución do legado visual da Galicia do século XIX. O máis recente, unha fotografía do músico Xoán Montes e o seu Orfeón Lucense, datada en 1886. Aínda que non foi posíbel confirmar o lugar exacto no que foi tomada esta imaxe, probabelmente Lugo, a importancia histórica deste retrato inédito xustificará a súa exhibición na mostra Galicia, terra de músicos, que se inaugurará no edificio Sarmiento, do Museo de Pontevedra, o vindeiro 7 de febreiro, comisariada por Milagros Bará e Alejo Amoedo.
A fotografía chegou a mans de Enrique Alvarellos Iglesias (1931-2004) en 1990, cedida polo organista da Catedral de Lugo José Molejón Rañón. Naquela data, Alvarellos Iglesias preparaba unha publicación sobre conxuntos polifónios de Galicia, traballo que non chegou a concluír. O editor e xornalista Henrique Alvarellos volveu recuperala agora do arquivo deste selo editorial.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt