Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha feira poñerá o broche final ás xornadas da ciencia

O programa acolleu obradoiros, conferencias e unha actividade gastronómica // O evento de clausura será na Casa das Artes o domingo día 2 ás 16.30 horas // Os escolares presentarán os seus traballos sobre os legumes

A nova edición de Vedra en ciencia (X Xornadas da Ciencia e a Tecnoloxía) desenvolve os seus contidos arredor dos legumes, “aliados pequenos pero poderosos grazas aos seus beneficios nutricionais e de saúde, así como ao seu impacto positivo no medio ambiente”, explican dende a concellaría de Educación, que corre a cargo do edil Manuel Costa. O programa acolle obradoiros e actividades ata o vindeiro día 2 de abril.
A primeira charla aberta ao público en xeral tivo lugar o pasado día 16 e versou sobre os valores nutricionais dos legumes. Correu a cargo da experta Tania Fernández. O proxecto Vedra en ciencia tamén está a visitar os centros educativos, nos que se levan a cabo os obradoiros Contos plantados, a través dos que se misturan ciencia e creatividade. A horticultura de legumes foi outro dos temas a tratar e houbo unha xornada gastronómica intercultural. Unha das últimas iniciativas tivo lugar no centro social de Vedra o pasado martes, día 28. O investigador da Misión Biolóxica de Galicia, Antonio De Ron Pedreira, impartiu unha conferencia a profesores e estudantes do Centro Público Integrado (CPI) Plurilingüe de Vedra.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

30 mar 2017 / 19:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito