Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Universidade de Santiago presentou á súa comunidade o Fondo Andrés Gaos

O acervo documental do compositor quedará depositado na Biblioteca América para o seu estudo e facer divulgación

    O reitor Juan Viaño presidiu onte na capital galega o acto académico de presentación do Fondo Andrés Gaos, doado recentemente á Universidade de Santiago (USC) polo seu fillo, Andrés Gaos Guillochón. Na cita interviron ademais os responsables da xestión e traslado do fondo Gaos e a directora da Bilbioteca Xeral.

    O fondo documental do recoñecido compositor e violinista Andrés Gaos (A Coruña, 1874–Mar de Prata, 1959) quedará na Biblioteca América para o seu estudo e divulgación.

    Está composto por partituras, cartas, recortes de prensa, programas de man, documentación sobre a súa actividade laboral, fotografías, un fondo discográfico así como os últimos dous violíns que conservaba a familia de Andrés Gaos, considerado como o maior representante da escola española de violín.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    17 oct 2017 / 20:28
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito