Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Universos en orden’, a nova achega da arte relixiosa galega

A obra do grupo Iacobus, en dous volumes, está dirixida por García Iglesias // Reúne as aportacións de 54 historiadores

O grupo de investigación Iacobus da USC presentou este xoves a súa nova publicación, Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano, que reúne as máis recentes achegas de 54 historiadores da arte arredor dun amplo campo de investigación e traballo que se estende, dende Galicia, por toda Iberoamérica.
Na obra, dous volumes cun total de 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións a cor, son numerosos os traballos relacionados con monumentos galegos, que abordan aspectos singulares do mosteiro de San Paio de Antealtares, a escaleira do Colexio dos Irlandeses, a iconografía da Igrexa de Conxo ou a historia do Franciscanismo en Compostela. A catedral de Tui, a igrexa da Compañía de Monforte de Lemos, o mosteiro de Santa María de Oia, a ex igrexa de San Francisco de Lugo ou as ruínas de Santo Domingo en Pontevedra son outros dos emprazamentos.
Do exterior proceden estudos sobre a arquitectura franciscana en México, os programas iconográficos dos xesuítas en Lima, a presenza dos Jerónimos en Europa e América, a arquitectura xesuítica portuguesa durante a Contrarreforma e a arquitectura española cisterciense a través da prensa artística, entre outros.
Co editada pola USC e Alvarellos Editora, presentaron a publicación na Facultade de Xeografía e Historia o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López; o director da obra, o catedrático de Hiatoria da Arte e director da obra, José Manuel García Iglesias.
Él mesmo apuntou que o feito de que o índice do que se parte invita a atractivas lecturas que “nos levan a moi distintos momentos da historia partindo, en todo momento, do legado de tantas órdenes regulares”.
Tamén estiveron presentes a co coordinadora do volume xunto con Rosa María Cacheda Barreiro, Carla Fernández Martínez; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán Villa; e o director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos.

02 mar 2017 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito