Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A USC liderará varias investigacións educativas en contornos dixitais

Adxudícase tres proxectos con unha financiación de UE de 1,5 millóns de euros

Santiago. A Facultade de Ciencias da Educación, xunto con outras institucións europeas, traballará durante tres anos no desenvolvemento de metodoloxías colaborativas educativas baseadas en contornas dixitais, involucrando a membros de tres eixos: centros educativos, universidades e empresas.

Este centro acolle entre onte e hoxe unha reunión do proxecto Educational Knowledge Transfer (EKT), un consorcio de alianzas para o coñecemento que coordinará a USC a través da Vicerreitoría de Estudantes e Internacionalización e no que participan tamén institucións de España, Austria, Irlanda, Portugal, Bélxica e Reino Unido.

No acto inaugural, celebrado onte, interviron a investigadora principal do proxecto e presidenta da Conferencia Nacional de Decanos de Educación, Carmen Fernández Morante; o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce Vázquez, e a comisionada do Campus da Cidadanía, Nieves Lagares Díez, entre outros.

A USC conseguiu na convocatoria da Comisión Europea a adxudicación de tres proxectos sobre investigación educativa que contarán cun orzamento total que supera a un millón e medio de euros para a súa execución a través de Tecnoeduc (grupo de investigación de Tecnoloxía Educativa) da Facultade de Ciencias da Educación e a Vicerreitoría de Internacionalización e Estudantes. Dous destes proxectos serán coordinados pola institución compostelá e no terceiro participará como universidade asociada.

A USC ocupa o terceiro posto en Europa en coordinación de proxectos de cooperación universitaria. "Esta posición de liderado veuse reflectida na anterior convocatoria na que captou preto de cinco millóns de euros a través do programa Erasmus + K2", afirmou Arce Vázquez.

21 ene 2020 / 22:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito