Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
letras

Vázquez Pintor será o protagonista do tributo 'O escritor na súa terra'

O autor vai ser homenaxeado este sábado en Melide pola Asociación de Escritores en Lingua Galega ·· O narrador galego plantará un buxo nos xardíns da capela de San Roque

O escritor Xosé Vázquez Pintor será homenaxeado este sábado en Melide pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no acto O escritor na súa terra, que xa chega á súa XIV edición.

A homenaxe O escritor na súa terra é unha celebración anual na que a terra do homenaxeado cobra un protagonista fundamental. Deste xeito, a través dun acto múltiple e popular, vénse recoñecendo a entidade literaria de escritores galegos coa entrega do galardón Letra E, a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor, neste caso, un buxo, e a colocación dun monolito conmemorativo ou a inauguración dun espazo público co nome do homenaxeado ou outro nome elixido por el.

O acto comezará ás 11.30 horas, o sábado nos xardíns da capela de San Roque, en Melide. Alí plantarase un buxo e descubrirase a pedra escultórica dedicada ao homenaxeado. Unha hora despois, a alcaldesa de Melide, Socorro Cea; a secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas, e o homenaxeado presidirán o acto no que a biblioteca pública municipal recibirá o nome de Xosé Vázquez Pintor. Ás 13.30 horas, entregaráselle ao homenaxeado unha peza escultórica coa Letra E realizada polo artista Silverio Rivas e procederase á lectura da laudatio, a cargo do escritor Ramón Caride. Por último, os socios da AELG, os veciños de Melide e outros interesados asistirán ao xantar de confraternidade no Restaurante Sony.

05 jun 2008 / 01:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito