Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ve a luz ‘O pórtico poético dos seis poemas galegos’ de Lorca

O Consello da Cultura Galega publica este estudo crítico do profesor Luís Pérez sobre a obra do poeta granadino

O Consello da Cultura Galega presentou onte a edición cuarta e definitiva do libro O pórtico poético dos ‘seis poemas galegos’ de Federico García Lorca, estudo crítico publicado pola institución e realizado polo profesor Luís Pérez Rodríguez.

A edición, de catrocentas páxinas, inclúe dous CD’s cunha conferencia de Eduardo Blanco Amor pronunciada sobre o tema en Bos Aires en 1959 e un recital musical en 1996 no Consello da Cultura Galega coa música do compositor e pianista Isidro B. Maiztegui e a actuación da soprano Marta de Castro.

No acto interviron Ramón Villares, presidente do CCG; o autor, Luís Pérez Rodríguez, e a escritora e poeta María do Cebreiro.

Villares aludiu á importancia da publicación deste "breve poemario que internacionalizou a literatura galega", e lembrou a circunstancia de cadrar a súa presentación no día do nacemento do poeta (5 xuño 1898-19 agosto 1936).

Más información en El Correo Gallego en Orbyt

 

05 jun 2012 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito