Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Verdegaia enviará hoxe a Bexo a 50 brigadistas para retirar eucaliptos

    Rianxo. Un ano despois da primeira intervención do colectivo Verdegaia para retirar eucaliptos no castro de Bexo, en Rianxo, e 5 meses despois do incendio que queimou máis de mil hectáreas neste concello e no de Dodro, 50 brigadistas repetirán hoxe eses trabalos en colaboración ca comunidade de montes da Cruz do Avelán (Dodro), a asociación veciñal San Xoán de Laíño e a entidade Unidade Veciñal de Dodro.

    As tarefas, consistentes en eliminar os rebrotes de dita especie, comezarán ás dez da mañá, partindo do parque da Cruz do Avelán, onde posteriormente se celebrará a festa de albaroque.

    O castro de Bexo, tamén coñecido como As Murallas, está catalogado por Patrimonio e é un dos asentamentos máis grandes de toda a zona, pola súa posición estratéxica. Os comuneiros acordaron a súa recuperación, redactando un proxecto de xestión arqueolóxica que inclúe a erradicación de eucaliptais en todo o seu perímetro. Nos últimos anos fixéronse varias intervencións similares. O responsable do plan de xestión arqueolóxica deste xacemento é o arqueólogo Carlos Otero-Vilariño, coeditor do Atlas arqueolóxico da paisaxe galega.

    16 ago 2019 / 21:20
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito