Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
EN RADIO OBRADOIRO

"Vidal Bolaño foi un creador polifacético, rompedor e libre"

Montse Pena é autora dos textos do libro DVD 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño' //A obra inclúe un documental coa participación da familia e colaboradores do homenaxeado no Día das Letras

A recén rematada Feira do Libro de Santiago acolleu a presentación de 'Roberto Vidal Bolaño' (Galaxia), un libro-DVD con textos de Montse Pena e co documental 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño', realizado por Gonzalo Enríquez Veloso. 

Montse Pena explicou no programa Caixón de sastre de Radio Obradoiro, que a obra "pretende ser un percorrido lúdico pero tamén rigoroso pola parte inicial da súa vida e sobre todo pola súa obra. Amosamos quen foi e porque se lle adica a este persoeiro o Día das Letras".

O libro é un relato que xoga cos fíos da vida e dos oficios do dramaturgo compostelán.  Segundo Pena, un dos aspectos máis salientables da súa figura é precisamente que foi un home polifacético. "Fixo de todo. Deulle a todos os oficios do teatro. Foi actor, director, dramaturgo, director de escena...". Ademais, ao seu xuízo, foi un creador "rompedor". "Coa súa primeira compañía, Teatro Antroido, profesionalizouse o teatro galego e ao longo da súa traxectoria a escena non parou de innovar. El foi un dos impulsores desa renovación". Outro dos rasgos máis importantes de Vidal Bolaño é que traballou con "liberdade". "Hai varios momentos da súa vida nos que elixe ser libre e actuar dese xeito, aínda que lle custase apartarse do teatro durante un tempo". 

Segue Radio Obradoiro en twitter e facebook.

 

07 may 2013 / 11:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito