Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vidal Portabales, Premio de Novela Longa Blanco Amor

O xurado do garladón, que cumpre xa trinta edicións, recoñece o seu ‘Dióxenes en Dolorida’

    O nome de Ignacio Vidal Portabales acaba de se sumar á nómina de gañadoras e gañadores do Premio de Novela Longa Blanco Amor, un dos certames literarios de maior tradición, e máis singulares, dos que se convocan no seo do sistema literario galego. Nesa listaxe figuran obras, entre outras, da significación de Xa vai o griffon no vento de Alfredo Conde, Tráiler de Fran Alonso, O crime da rúa da Moeda Vella, de Román Raña, Panificadora de Cid Cabido, Calzados Lola de Suso de Toro ou Orixe de Séchu Sende. Dióxenes en Dolorida –que chegou ao final das deliberacións do xurado canda outra novela, Tara–, presentouse baixo o lema Arieira. Aberta a plica da novela premiada, o autor resultou ser Ignacio Vidal Portabales (1958), doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

     

    30 nov 2012 / 20:17
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito