Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
nova xanela dixital da cultura galega

Xa na rede o ‘Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’

Iniciouse en 2009 promovido polo Instituto da Lingua Galega da USC // Colaboran nel vinte universidades de Galicia, Brasil e Portugal

O chamado Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, proxecto cunha andaina que fica os pés en 2009, representa o rexistro e integración nun único banco de datos online dun ha morea de repertorios léxicos galegos, portugueses e brasileiros con referenciación xeográfica concreta das voces contidas neles.

Na presentación de onte desta nova xanela dixital da cultura galega e de terras irmáns, estiveron o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González; a coordinadora do proxecto, Rosario Álvarez Blanco; o director do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), Ernesto González Seoane; e o coordinador do Comité galego do equipo, Xulio Sousa Fernández.

O traballo conta coa colaboración, ademais dos investigadores do ILG, de equipos de varias universidades de Brasil e Portugal.

"Xunta fontes na súa maioría inéditas, traballos de fin de grao, de fin de curso, traballos académicos da Universidade e outros da rede como un blog de A Illa de Arousa chamado Diccionario de Ausencias", dixou Álvarez Blanco.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

20 feb 2014 / 20:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito