Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O xornalista Antón Lopo, novo premio Manuel Lueiro Rey de poesía con 'Corpo'

LIBROS O escritor e xornalista Antón Lopo resultou onte gañador da sexta edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, que se fallou durante unha xuntanza na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela cun libro de poemas titulado Corpo. O xurado estivo constituído Luís Cochón, en calidade de presidente, e mais os vogais Silvia Penas, Mercedes Queixas, Armando Requeixo e Ramón Rozas, amais de por Carmen Carreiro, presidenta da Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe, que actuou como secretaria con voz e sen voto. O poemario gañador impúxose aos outros trinta e un traballos presentados. O xurado valorou o libro gañador, Corpo como un excelente poemario, que se compón de diversas suites que se completan ou se enfrontan ou se escisionan (eses parénteses e claudátores). O autor constrúe este Corpo medrado con poder de convicción tanto que convenceu, unánime, os cinco membros do xurado. Ponderado, pousado, serán versos para quedar, no tempo que nos acolla, cando menos neste libro de Lopo, ex xornalista de EL CORREO.

24 ene 2018 / 20:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito