Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ESTOCOLMO

A Xunta promociona a artesanía galega na feira dedicada ao deseño escandinavo

A Xunta está a impulsar a comercialización e a promoción de Artesanía de Galicia no mercado nórdico, na feira de decoración Formex, que se celebra en Estocolmo desde onte e ata o vindeiro venres 17 de xaneiro.

Con esta iniciativa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca abrir novas canles de distribución para o produto artesanal galego.

Como cada ano desde o 2013, a Fundación Artesanía de Galicia presenta na capital sueca unha nova colección de pezas de Artesanía de Galicia, unha proposta para crear ambientes baseados no produto artesán e nos que a artesanía tradicional se combina con produtos máis contemporáneos.

Nesta edición, cóntase coa participación de 51 profesionais do sector artesán galego, dos cales un total de 18 son novas incorporacións a esta feira.

A porcelana, o papel, o vidro, as pezas de coiro ou os xoguetes de madeira combinan coa olería, coa cestería tradicional, co téxtil, coa ilustración, co vidro, coas figuras tradicionais feitas con miga de pan ou coas pezas de madeira orientadas á gastronomía, formando todo isto parte da escolma que representa o produto artesán galego este ano en Formex.

Este encontro está considerado unha das feiras profesionais de decoración de referencia do deseño escandinavo e celébrase en dúas edicións anuais, xaneiro e agosto. Trátase dunha oportunidade única para a reunión de axentes, importadores, deseñadores, produtores e compradores de deseño interior e da industria de agasallos, unha porta aberta a un mercado internacional no que o produto artesán galego está a introducirse desde hai setes anos.

14 ene 2020 / 21:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito