Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Candidata número 2 ó Congreso de En Marea por A Coruña

Yolanda Díaz Pérez: “A revolución en marcha depende dos que aínda non decidiron o seu voto”

Vento en popa para En Marea?

Si. Hai marea, hai desborde cidadán. Estou sorprendida porque a todos os sitios que imos do país a xente está entregada. Hai como unha percepción de que hai cambio político, de que a xente tomou conciencia de que quere ser protagonista dese cambio que xa mudou de bando.

Nesta recta final con espírito de remontada pode haber algunha turbulencia, como o pinchazo de Rivera no debate a catro?

A semana que entra é moi relevante. Hai moito partido. Hai moita xente que aínda está indecisa. Temos que dicirlle á xente que a revolución democrática, que xa arrancou e está en marcha, vai depender deles. Esas persoas que hoxe en día non teñen decidido o voto claro que van a ser relevantísimas. Vai depender desas xentes que determinen se queren ser donas do futuro e cambiar a realidade, ou un recambio político, asentando este réxime, a través de Ciudadanos. Non hai que esquecer que pode ser así. Nós imos poñer toda a carne no asador. Somos conscientes que eles tamén o van a facer.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

13 dic 2015 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito