Concellos
Satisfacción polas vendas nos certames de comercio e antigüidades // Rebaixas de ata tres mil euros en automoción // Sorteáronse 5 vales de compra de 30 €

A Estrada pecha con éxito a súa doble cita feiral

  • 14 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

As condicións metereolóxicas non impediron que os visitantes concurriran este domingo á última xornada da Feira de Comercio e da Feira de Antigüidades e Artesanía da Estrada na liña das pasadas edicións. A media tarde deste domingo, practicamente todas as firmas presentes na doble mostra celebrada no Pazo de Exposicións e Congresos xa tiñan realizado algunha venda.

O comercio local da automoción presentou vehículos de gama media alta que contaban con descontos especiais en feira e financiación a medida de cada cliente. Existían descontos que superaron os tres mil euros, e algunhas firmas presentes proporcionaban garantías extra sen tope de quilometraxe.

Pola súa banda, as actuacións de maxia e ilusionismo que correron a cargo do Mago Marco e de Javier Muro congregaron a moito público infantil nas instalacións.

A Feira de Oportunidades do Comercio e a de Antigüidades e Artesanía seguen tendo un tirón especial, avaladas por un público fiel que as secunda edición tras edición. Esto queda refrendado pola cantidade de visitantes que acolleron os pavillóns cinco e seis, onde se ubicaron estas dúas citas. Estes dous sectores foron os que máis volumen de transaccións realizaron. O sábado sorteáronse cinco vales de compra por importe de trinta euros cada un e os agraciados foron: Avelina Cora Aller, Pilar Garea Valiñas, Alba Otero Martínez, Andrés Covelo Pereira e Álvaro García Agra. Os vales foron parar ás localidades de A Estrada, Cerdedo e Noia. Coincidindo co peche do certame procedeuse ao sorteo de tres ceas para dúas personas por xentileza do Asador de Leo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.