Concellos

A Laracha acada o Premio María Moliner con ‘Un libro: una sonrisa’

  • 28 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O proxecto de dinamización da lectura titulado Un libro: una sonrisa do Concello da Laracha foi un dos galardoados nos premios María Moliner, o certame nacional que convoca o Ministerio de Cultura y Deporte para gratificar o labor de promoción da lectura desenvolvida polos municipios de menos de 50.000 habitantes.

Esta é a oitva vez que o Concello larachés recibe este premio. A gratificación económica ascende a 2.104,60 euros, que deberán destinarse exclusivamente á compra de libros ou publicacións periódicas para ampliar o catálogo das tres bibliotecas do concello.

Un libro: una sonrisa é froito da cooperación entre diferentes servizos municipais como a rede de bibliotecas e a aula lúdica. O proxecto naceu co dobre obxectivo de animar aos nenos de 3 a 12 anos a desfrutar do pracer de ler e implicalos nas diferentes actividades que se levaron a cabo desde as bibliotecas municipais dentro dun ambiente propicio para a lectura. Desenvolveuse ao longo de todo o ano e incluíu, entre outras iniciativas, obras de teatro, contacontos participativos, concurso de marcapáxinas e actividades educativas e formativas, como visitas guiadas aos centros de lectura.

O Concello celebra a concesión deste premio que valora e dá un impulso á programación cultural municipal dirixida ao público infantil, ao mesmo tempo que permitirá aumentar os fondos das bibliotecas en beneficio de todos os seus usuarios.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.