Concellos
O libro de Fernando Salgado, editado polo Concello, relata o pasado da fábrica dende a súa construción ata o peche e o paso da finca a mans públicas TEXTO S. E.

‘A luz de Caldas’ narra a historia da hidroeléctrica

  • 03 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Caldas de Reis acaba de editar o libro A luz de Caldas, do autor Fernando Salgado, para dar a coñecer a historia da central hidroeléctrica de Segade. A publicación explica o proceso de adquisición pola administración local da finca da antiga central hidroeléctrica que culminou en xullo de 2017, e que tivo o apoio da Deputación de Pontevedra. Tamén aborda os traballos de recuperación da contorna e o proxecto de futuro.

O autor recolle moitos datos da historia da construción e posta en funcionamento no ano 1899 da nova central hidroeléctrica de Segade e da súa evolución posterior ata o seu peche no ano 1952. O libro pon en valor outros elementos do patrimonio da contorna de Segade, como a ponte romana ou os muíños da zona, e contextualiza a fábrica da luz na historia da vila e a nivel global. Na obra inclúense moitas fotografías, ilustracións e documentos da época, destacando a importancia que tivo no proceso de electrificación e industrialización de Galicia.

Fernando Salgado Varela, (Cerdedo, 1959), autor da publicación, é xornalista e formou parte das redaccións de distintos xornais. Ten publicados seis libros de diversa temática de investigación e divulgación.

O alcalde, Juan Manuel Rey, destacou na presentación que “para min é un sono cumprido a incorporación ao patrimonio municipal da finca que acolle a antiga central hidroeléctrica, os muíños que xa existían previamente e a ponte romana, un espazo protexido de grande interese cultural, natural e paisaxístico xunto á fervenza de Segade, no río Umia. Este espazo, ateigado de historia e de historias, significou no seu momento a innovación e a modernidade pola chegada temperá da luz eléctrica a Caldas de Reis”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.