Concellos

A Panorama despidiu a súa tempada en Rois con gran respaldo do público

Pechou o Play Tour 2022 // Disco Móvil, Chocolate e DJ Tito Maverick foron os encargados de abrir unha noite moi animada

  • 14 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A veciñanza de Rois e de moitos outros lugares de Galicia achegáronse o pasado sábado ata o campo da festa do municipio coruñés para ver a última gala do Play Tour Panorama 2022. Lito Garrido, o líder dunha das orquestras máis famosas de Galicia e do panorama musical español, non quixo defraudar ás máis de 4.000 persoas que se deron cita na Festa da Xuventude de Rois e regaloulles varios minutos adicionais dun espectáculo que sorprendeu.

A actuación da Panorama comezou coa súa particular versión de Terra, o tema que fixo famosas as Tanxugueiras, e continuou con Jocker. Todo un espectáculo audiovisual no que os e as profesionais da orquestra sorprenderon cunhas vistosas coreografías a un publico moi variado.

No campo da festa déronse cita dende adolescentes ata avós e avoas, e mentres estes admiraban os movementos dos e das artistas sobre o escenario, a mocidade non deixaba de bailar e moverse ao ritmo da música e dos cantantes.

A Festa da Xuventude, que organizou o Concello de Rois, comezou coa actuación de Disco Móvil Chocolate e DJ Tito Maveric.

A medida que soaba a música íase enchendo o campo da festa, que chegou ao seu culme unha media hora despois de que a Panorama arrancase o seu primeiro pase. Segundo a organización, máis de 4.000 persoas déronse cita nun evento co que a orquestra pechaba este ano a súa gala Play Tour Panorama 2022, que a levou de xira por toda España.

Ao remate desta primeira actuación, e vendo que o público non deixaba de bailar e cantar, Lito Garrido prometeulles uns quince minutos máis de concerto. A Festa da Xuventude de Rois resultou todo un éxito, segundo moitas das opinións que se oían no campo da festa entre asistentes de todas as idades.

Para a organización da Festa da Xuventude, o Concello de Rois contou cunha subvención da Deputación da Coruña para reactivar o sector das orquestras.

Recordar que despois de dous anos pola pandemina, a orquestra Panorama regresou aos escenarios cunha completa xira, a Play Tour 2022, que levou a compañia galega a visitar gran parte das festas de Galicia e unha boa parte das do resto da xeografía española.

A xira arrancou o 8 de abril en Viveiro e completouse cun total de dezaséis citas o longo de Galicia pero tamén no resto de España, con actuacións en Asturias, León, Castellón, Madrid, Almería, Jaén ou Granada.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.