Concellos

Ames e Brión apoian que se estuden as enerxías renovables

Participaron no obradoiro de emprego quince alumnos e xa hai interese en contratar a catorce

  • 13 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Este martes o auditorio da casa da cultura de Bertamiráns acolleu o acto de clausura do obradoiro dual de emprego en enerxías renovables Renova IV no que participaron dende o pasado mes de outubro 20 alumnos/as (15 de Ames e 5 de Brión). O acto estivo presidido polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; a xefa territorial de Emprego e Igualdade, Judit Fontela; polos alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago; as concelleiras de Promoción Económica e Emprego de Ames, Ana Belén Paz, e Brión, Guarina Rey; e polo director do obradoiro, Andrés Novo. Trala intervención das autoridades fíxose entrega dos diplomas ao alumnado participante. Cinco empresas xa mostraron interese na contratación de 14 persoas que participaron neste obradoiro. Un dos participantes xa formalizou o seu contrato laboral e comezou a traballar neste sector.

Este obradoiro estivo sufragado pola Consellería de Economía, Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, cunha inversión de 346.946 euros, e con achegas municipais dos Concellos de Ames e Brión por valor de 87.696 euros. A través deste obradoiro formouse a 20 alumnos (15 de Ames e 5 de Brión). Durante nove meses os participantes recibiron formación na especialidade Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Participaron en 1.328 horas de formación, das cales 444 foron de traballo en obra, nas que tamén obtiveron coñecementos sobre fontes de enerxía renovables en xeral. O taller complementou formación teórica e práctica, que se empregou para desenvolver traballos de interese municipal.

Entre as actuacións realizadas neste obradoiro destaca a instalación fotovoltaica na EDAR do Milladoiro, onde se instalaron 20 paneis; unha instalación fotovoltaica na EDAR da Ameixenda, onde se colocaron outros 12 paneis; e a instalación aerotérmica e fotovoltaica no Centro Social Polivalente de Brión. Neste centro ubicáronse 11 paneis solares e colocouse un sistema de enerxía aerotermia, que contribúa a cubrir os gastos en climatización do edificio. Nestas tres actuacións puxéronse un total de 43 paneis o que supón un aforro de 90 toneladas ao ano de CO2 e 31 toneladas equivalentes de gasóleo.

Ademais, realizaron traballos de mantemento en oito instalacións, nas que se instalaron paneis solares a través do obradoiro Renova III.

O delegado territorial Gonzalo Trenor avanzou que os Concellos de Ames e Brión recibirán fondos da Xunta de Galicia para poder desenvolver a quinta edición do obradoiro de emprego Renova. Tamén dixo que a Xunta vai atender a solicitude feita polos Concellos para que estes obradoiros teñan unha duración de 12 meses.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.