Concellos

As candeas iluminarán na Noite Velada a histórica ponte boqueixanesa

  • 04 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BOQUEIXÓN. O campo do río de Ponte Ledesma acollerá o próximo venres, ás 22.00 horas, a quinta edición da Noite Velada. Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, pretende aunar a tradición e a cultura envolta coa imaxe dunha ponte histórica que se alumeará coa luz das candeas e as teas. O evento estará amenizado polas actuacións de Son de Gaita e Habelas Hainas. As persoas asistentes disporán de cadeiras debidamente separadas no campo do río para poder desfrutar do concerto. A actividade é gratuíta e o aforo estará limitado, polo que os interesados en asistir deberán inscribirse previamente para reservar praza chamando ao 981 513061 ou no correo electrónico boqueixonturismo@gmail.com. O Concello anima a participar no evento a toda a veciñanza, sempre con seguridade. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.