Concellos

As lalinenses solicitaron 52 axudas directas para a natalidade ata outubro

  • 02 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

lalín. Un total de 52 solicitudes se recibiron no Concello de Lalín para o novo programa de axudas directas á natalidade no que vai de ano, das que xa foron concedidas 43; outras 7 están pendentes de resolución e 2 foron denegadas por non cumprir cos requisitos, segundo a información facilitada polo Concello. O alcalde de Lalín, José Crespo; a tenente de alcalde, Paz Pérez; e o edil de Xuventude e Deportes, Avelino Souto, facían entrega hai uns días a oito novas familias destes detalles de benvida (que foron as solicitudes aprobadas na xunta de goberno do pasado 11 de outubro). Os requisitos para optar a estas axudas son os mesmos que para optar á tarxeta Benvida: ter un fillo/a ao longo de 2022 e non superar os 45.000 € de renda anual. Cómpre destacar que as solicitudes se poden presentar durante todo o ano, con independencia do mes no que naceu o neno/a. Non obstante, o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro día quince de xaneiro de 2023 para aqueles nenos/as que nazan a partir do quince do mes de decembro. Inidicar que o programa continuará o ano que vén, se ben para poder solicitarse (para os/as nados a partir do un de xaneiro de 2023) débese agardar a que se aproben as bases da nova convocatoria de axudas. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.