Concellos

Buscan aforrar luz nas rúas melidenses

Cambiáronse a LED luminarias da avenida de Toques e Friol e tamén na estrada da Coruña

  • 27 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Melide levou a cabo a substitución da iluminación pública actualmente en funcionamento en tramos da avenida de Toques e Friol e tamén na estrada da Coruña, situadas no acceso á vila.

A medida ten como obxectivo a mellora técnica do alumeamento de baixo rendemento, a través da instalación de luminarias LED de baixo consumo. Unha das principais melloras da intervención será contar nas luminarias LED cun driver de regulación que permita executar un dobre nivel de iluminación. Deste modo, durante as horas da noite, cando hai menos circulación de vehículos, o fluxo lumínico descenderá un 30 %.

Os estudos técnicos municipais conclúen que a través deste cambio reducirase o consumo eléctrico nun 84 %, mellorando ao mesmo tempo a seguridade vial na zona.

Ademais, a nova instalación cumprirá coas disposicións do Regulamento de eficiencia enerxética das instalacións de iluminación. Na estrada da Coruña foron substituídas un total de 44 luminarias, mentres que na avenida de Toques e Friol cambiáronse 34.

Os traballos terán un orzamento de 14.774 euros. Parte do investimento será financiado a través dunha subvención de 23.438,40 euros concedida pola Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

Por certo que a Deputación da Coruña vén de anunciar que financia a través do Plan Único a substitución do céspede artificial do campo de fútbol de Melide, que é coñecido de forma popular por Campo do Cire por ser o C.F. Cire Melide o que fai uso destas instalacións deportivas.

Esta actuación está actualmente a licitación pública no perfil do contratante municipal e conta cun orzamento de 191.529,59 euros.

TEMAS
Tema marcado como favorito
LED
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.