Concellos

Caldas comeza os traballos de rehabilitación e posta en valor do lavadoiro do Umia

Substituirán o deteriorado tellado de madeira e aproveitarán a cuberta de tellas planas de cerámica para unha nova estrutura

  • 14 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O concelleiro de Medio Ambiente e Obras do Concello Caldas de Reis, Manuel González, informou sobre o inicio estes días das obras de rehabilitación e posta en valor do antigo lavadoiro situado na beira esquerda do río Umia, e a adecuación da súa contorna nas proximidades do Concello.

Os traballos, según explicou o edil, consisten na substitución da deteriorada estructura de madeira e da cuberta de tellas planas de cerámica que será reaproveitada cunha nova estrutura de madeira de pino que manterá as dimensións e a forma da existente, conservando así a imaxe orixinal do lavadoiro. Tamén procederase a acondicionar o cano e o depósito de pedra que fornecen de auga ao lavadoiro.

O proxecto técnico foi redactado polos servizos técnicos de Obras do Concello e conta coas autorizacións sectoriais de Augas de Galicia e da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

As obras teñen un orzamento de 14.285 euros e son financiadas cunha subvención do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia ao abeiro da medida Leader do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia, ademais da cofinanciación do propio Concello,

Os traballos de rehabilitación están a ser executados pola empresa Endenor Mantenimiento y Servicios SL, e forman parte do Programa de Restauración do Patrimonio Histórico do Concello de Caldas.

DEMANDA VECIÑAL Manuel González celebrou o inicio destas obras,que eran unha importante demanda veciñal, e que “permitirán recuperar un espazo de grande interese paisaxístico pola súa situación na beira do río, fronte ao Xardín Botánico, recuperando deste xeito o uso social e recreativo do conxunto patrimonial, etnográfico e ambiental”.´

O lavadoiro, situado a beiras do Umia e nas inmediacións da casa consistorial, é un ben incluído no Plan Xeral de Ordenación Municipal e no Catálogo do Patrimonio, polo que conta con protección, según informaron fontes municipais.

O ben data de 1953 e foi construído integramente en granito con teito de tella, conformando un conxunto tradicional cuberto que hoxe en día preserva un importante valor etnográfico.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.