Concellos

Campañas e concertos solidarios con La Palma

  • 30 sep 2021 / 16:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Bergantiños. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo coordinará unha campaña de recollida de material humanitario imprescindible para a poboación de La Palma. “Numerosas familias quedáronse literalmente na rúa e co posto, polo que facemos un chamamento a toda a poboación para que cada quen, dentro das súas posibilidades, colabore co que poida para poder axudar ás persoas que o precisen”, explica o xefe da agrupación, Juan Barca. O máis necesario nestes momentos son roupa de cama (sabas, mantas...), toallas e material de hixiene tanto para adultos coma para nenos. As doazóns poden entregarse ata o 8 de outubro na bas de Protección Civil.

Así mesmo, para facilitar o labor das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de La Palma tamén se precisa material técnico coma cascos, chalecos, máscaras filtrantes ou lanternas.

Pola súa banda, o Concello de Malpica, en colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva Salitre, impulsan a celebración do concerto benéfico Isla Bonita para recadar fondos cos que colaborar cos afectados pola erupción volcánica da illa. Está previsto que se celebre o día 23 de outubro en Canido. Contactarán ademais nos vindeiros días con máis agrupacións malpicás, con grupos musicais e con establecementos comerciais e hostaleiros para implicar ao maior número de persoas posibles. O proxecto pretende contribuír á mellora da atención aos animais desprazados polos efectos derivados da actividade volcánica e a evacuación da poboación.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.