Concellos

Carballo celebra os cincuenta anos do IES Alfredo Brañas

Leva ás rúas unha exposición para difundir a historia do instituto e tamén do colexio Fogar

  • 09 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O IES Alfredo Brañas, coa colaboración do Concello de Carballo, inaugura este xoves, día 9 de decembro, unha exposición conmemorativa do 50 aniversario do que foi o primeiro instituto carballés.

A mostra está composta por un total de corenta paneis distribuídos en dez cubos que recollen a historia recente da educación no municipio. Coincidindo co medio século de vida do instituto e do colexio Fogar, o historiador Xan Fraga fai a través da devandita exposición un repaso pola historia deste dous centros escolares e pola evolución do sistema educativo na capital de Bergantiños.

Poderá verse durante varias semanas no corredor paralelo á rúa Colón, na Praza do Concello. As persoas que a visiten atoparán información de interese e curiosidades como as que se recollen nun folleto publicado con motivo do aniversario, que inclúe imaxes dos alumnos e alumnas da primeira promoción de Bacharelato, que se formou no curso 1970-71.

Ademais, recolle fotografías do inicio das obras e tamén dos edificios dos dous centros educativos cando foron acabados de construir, as cales contrastan de xeito notable co que se pode ver hoxe en día ó seu arredor, cunha vila moito máis desenvolvida urbanísticamente.

Xan Fraga asegura que a educación en Carballo nos anos do franquismo “estaba moi mal dotada tanto en infraestruturas escolares como en profesorado”, polo que “era difícil para a maioría da poboación poder acceder a estudos básicos, medios ou superiores” e por iso “varias xeracións non puideran estudar por falta de recursos”.

Chegou a ter nas súas aulas máis de mil trescentos alumnos no ano 1993

Carballo. A posta en marcha do instituto Alfredo Brañas e do colexio Fogar no curso 1970-71 “suporía unha liberación e unha innovación tanto pola formación do profesorado, en xeral cun novo talante progresista e humanista, como pola metodoloxía que incluía unha maior democratización do ensino”, sinala o historiador Xan Fraga.

No ano 1968 o Concello de Carballo cedíu gratuitamente ao Ministerio de Educación uns terreos no Chorís para construír o instituto e o colexio. Doce mil metros cadrados, nos cales se habilitou tamén un campo de fútbol, unha cancha de baloncesto, un frontón e unha zona de recreo e xardíns. O custe superou os 18 millóns de pesetas.

O instituto chegou a ter máis de 1.300 alumnos no ano 1993, e ten un salón de actos para máis de 500 persoas. O primeiro director foi Constatino Freire Llamas, e completaban o cadro directivo José Manuel Vázquez Varela, sudirector; Mari Luz Castaño, xefa de estudos; e José Villasuso Gato, secretario, segundo sinala Xan Fraga. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.