Concellos

Comenzan os traballos de rexeneración de Porto Piñeiro

  • 27 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Valga. O proceso de rexeneración da lagoa Porto Piñeiro, en Valga, dá os seus pasos iniciais coa execución da primeira obra proxectada para esta antiga mina de extracción de arxila: a construción dunha senda peonil e vía ciclable que discorrerá por parte da súa contorna. Os traballos, adxudicados á empresa Covsa, xa deron comezo e contan cun orzamento de 500.915 euros, cofinanciados polo Concello e a Deputación a través do programa ReacPon.

O proxecto desenvólvese na zona sur da mina e consiste na execución dunha vía que bordeará parte da lagoa e que habilitarase para a circulación de peóns e ciclos. Terá base de grava, solo de cemento e bordo de formigón. Instalaranse, ademais, estruturas e varandas de madeira naqueles puntos nos que sexa preciso para a seguridade.

Ademais, levarase a cabo unha restauración ambiental da zona coa aplicación de tratamentos silvícolas e limpezas e rozas selectivas para unha posterior revexetación con especies de árbores autóctonas coma salgueiros, freixos, carballos, castiñeiros ou bidueiros. Tamén se intervirá na ribeira oeste da lagoa, adecuando os perfís do terreo para un mellor acceso e coa implantación dunha comunidade vexetal. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.