Concellos

Comeza a semana que vén a rehabilitación da noiesa Ponte Nafonso

Renovaranse o pavimento e a varanda // Vaise instalar a iluminación do viaduto e da estrada

  • 14 ago 2021 / 15:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Xunta de Galicia iniciará a vindeira semana as obras de rehabilitación e posta en valor da Ponte Nafonso, na estrada AC-196, entre os municipios de Noia e Outes, que suporá un investimento autonómico de máis de 700.000 €.

As obras impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade en dita instalación (un ben catalogado patrimonialmente) consistirán na substitución do pavimento e da varanda existente, que se atopa deteriorada.

Ademais, levarase a cabo a limpeza dos paramentos exteriores coa fin de mellorar o seu aspecto estético, eliminando os elementos danados da fachada da fábrica de pedra para mantela en bo estado de conservación.

O proxecto tamén prevé dúas actuacións concretas para iluminar a calzada e para a iluminación monumental da propia ponte, o que permitirá a súa posta en valor e unha notable mellora na seguridade viaria para vehículos e peóns. Ademais, colocaranse paneis informativos e carteis de localización.

A execución dos traballos non é compatible co tráfico na ponte, dado que esta é moi estreita. Por iso, colocaranse os correspondentes carteis informativos de aviso, dous na AC-550 e na estrada provincial DP-5602. Desde xeito, para minimizar no posible a afección no tráfico o departamento de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta tentará acurtar na medida do posible o prazo contractual das obras, que é de seis meses.

Esta intervención enmárcase no programa pioneiro de control das pontes e obras de paso que está a desenvolver a Xunta, para preservar a seguridade e alongar a vida útil destas infraestruturas, con actuacións de conservación preventiva. O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando no mantemento das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria.

A ponte, construída no reinado de Alfonso IX, mide 270 metros de longo por 5 de ancho e consérvanse 20 arcos, máis 2 que están tapados.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.