Concellos
Continúan as mostras de respaldo contra a barbarie machista // Negreira plantou unha oliveira, e Ames homenaxeou ás asasinadas // Debuxos no Sar TEXTO A. Arca

Concentracións sen data contra a violencia sexista

  • 27 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Pasou o día, pero non a determinación das forzas vivas da comarca para rematar coa violencia machista, a través de actos institucionais, certames e performances varias.

Así foi en Ames, onde o rexedor e os representantes da Corporación leron o manifesto que previamente fora acordado por todos os grupos. No acto soaron cancións reivindicativas das loitas a prol da eliminación da violencia machista interpretadas polo alumnado da EMMA e pola Plataforma Feminista de Ames, e 37 mulleres foron ocupando os chanzos das escaleiras do concello con cartóns negros contra a violencia.

Numerosos comercios e locais de hostalería de Padrón están a decorar esta semana os seus escaparates coas creacións realizadas no I Certame de debuxos con motivo do 25N. Un certame organizado polo CIM Terras de Iria e no que participaron alumnos e alumnas dos CEIP Flavia e Rosalía de Castro. E en Negreira prantouse unha oliveira que, xunto á nova placa, lembra a necesidade de por fin as agresións.

En Carnota, os centros educativos sumáronse ás actividades polo 25N. Entre elas destacaron os obradoiros pola igualdade e a distribución de material didáctico. Asemade, no IES Lamas de Castelo leron un manifesto contra a violencia machista.

Na Pobra continúa aínda a programación do 25-N, e este sábado celebrarase unha charla-coloquio ás 18.30 horas no auditorio do museo sobre a violencia vicaria, ca intervención da asesora xurídica da muller, María J. Pérez Piñeiro; a axente de Igualdade, Carolina Rodríguez; e a edil de Igualdade, Rosario Varela.

En Cee, o Concello inaugurou un mural na praza Xosé Manuel Otero Lastres que ten como lema Cee camiñando pola igualdade. A alcaldesa, Margarita Lamela, presidiu o acto.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.