Concellos

Cultigar céntrase na mellora xenética do carballo e do bidueiro

das especies os exemplares que son máis óptimos

  • 29 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, visitou este mércores as instalacións do laboratorio de biotecnoloxía vexetal Cultigar –no concello de Brión–, onde se está a desenvolver un proxecto para a mellora do material forestal de reprodución. Trátase dun convenio de colaboración entre a Fundación Paideia, o Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán e a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, cunha aportación da Xunta de máis de 173.000 euros. O proxecto –que ten unha vixencia ata o ano 2024– céntrase na mellora xenética do carballo e do bidueiro, para reproducir in vitro exemplares óptimos e resistentes destas especies.

No relativo aos carballos, o proxecto ten como obxectivo continuar coa reprodución e mantemento in vitro dos descendentes de 20 xenotipos de Quercus Robur. Estase a realizar no viveiro de Cultigar e no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, situado en Pontevedra. Actualmente, estase a manter un cultivo in vitro duns 2.100 brotes repartidos en 65 xenotipos de carballo distintos. No ano 2021 transferíronse ao CIF de Lourizán 215 plantas en bandexa, das que se pasaron a campo 128. A estas sumáronse 43 plantas procedentes do viveiro de Cultigar. Así, finalmente, plantáronse un total de 171 carballos en marzo do ano 2022.

Cos bidueiros acontece unha situación semellante. Actualmente, estanse a desenvolver traballos nas parcelas de Bóveda e Pígara, en Lugo, intentando reproducir os mellores exemplares mediante cultivo in vitro e poder establecer un horto clonal que produza sementes de calidade. Neste caso, ademais da Consellería do Medio Rural, do CIF de Lourizán e de Cultigar, precísase da colaboración en conxunto doutras entidades, como a USC, Seaga, do Grupo Tragsa, e o Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira. Estas actuacións desenvólvense no marco do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 cara á neutralidade carbónica, no seu Eixe 1 sobre contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación de servizos ambientais que establece a aposta pola conservación dos recursos xenéticos forestais. En relación co Eixe 4 (recursos forestais e a cadea monte-industria), o convenio desenvolve traballos vinculados co Programa de fomento da produción de madeira de frondosas de alto valor.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.