Concellos
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Daría solución ás baldosas soltas”

Claudia Franco

    Cargando reproductor ...
  • 26 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Residente en O Milladoiro, solteira, ¿que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro que faría é revisar o problema das baldosas das beirarrúas porque o certo é que hai moitas que están soltas, e nunca parecen lograr arranxalas como é debido. O segundo sería dar máis apoios ao comercio da zona porque eu, por exemplo, vou moito a mercar a Santiago, xa que boto en falta tendas de zapatos ou xoiarías. Tamén, aínda que eu non o uso e non me afecta, trataría de mellorar o servizo do tranporte público xa que oín que funciona bastante mal.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor de todo é a proximidade a Santiago e moitos outros concellos. Ademais temos bastante oferta cultural, tanto para novos como para maiores, e hai suficientes zonas verdes para poder pasear.

E o que peor leva?

Sendo sincera, eu o que peor levo é o ruído que xera o camión do lixo. Pasa todos os días ás 11.00 da noite, e ademais escóitoo varias veces. Resúltame moi molesto.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.