Concellos

Devolven o valor patrimonial á contorna da igrexa de Nebra

As obras, nas que se invisten 201.036 euros, tratan de conceder protagonismo aos peóns // Incrementarán a accesibilidade

  • 21 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Porto do Son avanza no seu plan de humanización con actuacións en diversos puntos do municipio. Segundo informou a administración local, nestes días comezaron na parroquia de Nebra as obras que devolverán o protagonismo ao peón na aldea de Santa María da Igrexa; contarán cun orzamento total de 201.036 euros, dos que a Deputación da Coruña achegará 193.600 euros.

Conseguirano coa renovación da pavimentación da contorna con adoquinado de granito silvestre e incrementando a accesibilidade dos seus espazos públicos, adaptándoos así ás necesidades actuais da poboación.

Por outra banda, a semana pasada poñíase en marcha a actuación coa que se mellorará a seguridade viaria no tramo de estrada AC-550 entre A Arnela e Abuín, que na actualidade contaba cunhas marxes estreitas que non permiten a circulación de peóns en condicións de seguridade entre os núcleos rurais.

Nun primeiro tramo executarase un camiño con formigón armado continuando a beirarrúa existente, sobre o que se proxectará un muro de contención no que se colocará unha baranda de aceiro. Nos seguintes tramos a beirarrúa discorrerá pola marxe esquerda, e debaixo dela executarase unha rede de pluviais e substituiranse dúas tapas de pozos de saneamento. Invisten nestes traballos 130.388 euros, dos que o ente provincial achega 114.000 euros.

“Trátase de dúas obras moi importantes. En canto á da Arnela, destacar que é unha actuación fundamental para mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nunha ruta que diariamente é percorrida por numerosos camiñantes e que conecta tamén a senda litoral existente entre o núcleo de Porto do Son e o castro de Baroña, principal recurso turístico do noso Concello, mellorando deste xeito un dos itinerarios máis importantes”, afirmou a tenente de alcalde sonense, María Maneiro Quintáns.

A concelleira tamén destacou que en Nebra “vaise a acometer unha relevante obra de humanización do núcleo que tratará de recuperar os antigos camiños nunha zona de importante valor patrimonial”, concluíu Maneiro.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.