Concellos

Dez actuacións de teatro e danza da man de Agadic e Cultura para abrir 2023

Van actuar dende Talía a Ghazafellos, Chévere ou Colectivo Globo // A venda de entradas comeza o 9 de xaneiro na billeteira da web

  • 16 dic 2022 / 20:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A concellaría de Cultura de Ames presentou en Bertamiráns a programación cultural de artes escénicas do primeiro semestre de 2023, con dez actuacións de teatro e danza. As distintas representacións desenvolveranse de maneira equitativa nos auditorios das dúas urbes, e as entradas saen á venda na billeteira da web municipal o 9 de xaneiro.

Ademais da técnica María Vázquez e integrantes das compañías, acudiron a edil Natividade González, e o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Agadic, Jacobo Sutil, departamentos que cofinancian o programa por máis de 50.000 euros.

A listaxe familiar 2023 inclúe unha obra teatral e un espectáculo de danza contemporánea. A primeira delas será a función Ninja, da compañía Ghazafelhos, o venres 3 de marzo na casa da cultura de Bertamiráns (cunha sesión escolar a mediodía e ás 18.00 horas para as familias). E tamén haberá espectáculo de danza contemporánea, Nina Ninete, que desenvolverase da man da compañía Paula Quintas o 14 de abril (18.00 horas, no Milladoiro). A través do baile, nárrase unha historia de beleza e rebeldía inspirada no Ballet Triádico.

Xa dentro da programación para adultos, ofrécense sete espectáculos de teatro e un de danza. O primeiro deles, a obra de teatro de Chévere N.E.V.E.R.M.O.R.E, o 20 de xaneiro (20.30 horas, no auditorio de Bertamiráns). Conta a historia do corvo do poema de Poe e das respostas que lle dá a un home que perdeu aquelo que máis quería.

Tamén no mes de xaneiro representarase a comedia Morte accidental dun anarquista, de Talía Teatro, o día 27, ás 20.30 horas, en Bertamiráns, que recolle a vida de Helena, unha doutora de prestixio internacional que se pon á fronte dun balneario.

Así mesmo, en febreiro, terán lugar outras dúas funcións de teatro contemporáneo: Búho, de Titzina Teatre, que se representará o venres 3 ás 20.30 horas, no Milladoiro; e Contos Arraianos, de Sarabela Teatro, que será o día 10, á mesma hora na casa da cultura do Milladoiro. Na primeira, Pablo, un antropólogo forense especializado en xacementos paleolíticos sofre un ictus que lle provoca unha amnesia severa, e debe recuperar as súas lembranzas e a súa identidade. A segunda é unha das obras fundamentais da literatura galega.

Xa en marzo, representarase Papaguena, o venres 10, ás 20.30 horas, no Milladoiro. Trátase dun musical proposto por ButacaZero, unha ópera na que se conta as aventuras de Tamino e o paxareiro Papagueno, inspirada nunha das composicións de Mozart, A frauta máxica. Por outra banda, o día 17 terá lugar Amantis, de Rebordelos, ás 20.30 no auditorio da capital. A obra de teatro versa sobre a historia de M., un rapaz de barrio obreiro que quere volverse influencer para chegar a ser amado e aceptado. O 24 de marzo, ás 20.30 horas no mesmo marco, Ainé Producións presentará Continente María, unha función na que se repasa a vida de María Casares. E para finalizar, o mes de abril estará dedicado á danza: o venres 21, Colectivo Globo recalará no Milladoiro para presentar Tabú, e mergullar aos espectadores a través do baile nun relato sobre doce mulleres que foron pioneiras do fútbol en Galicia.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.