Concellos

Ensinan as técnicas para debater e falar en público aos estudantes de Arzúa

O curso impartíuse no CPR Nuestra Señora del Rosario // Foi promovido por Cobre San Rafael xunto coa Fundación Salcines

  • 04 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cobre San Rafael e a Fundación Salcines financiaron un curso sobre Debate e Oratoria na escola de CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario (Grande Obra de Atocha) de Arzúa.

O obxectivo foi incentivar aos alumnos a debater e a que queiran xerar debate, así como darlles as capacidades necesarias para falar en público e contrastar opinións. O curso tivo lugar en Arzúa ao longo do mes de maio, e esta semana celebrouse a última sesión.

O formato da capacitación non eran clases maxistrais, senón que os propios nenos investigasen e desenvolvesen métodos de contra argumentación seguindo as indicacións da formadora, Carlota González Suárez.

A formación permitiu desenvolver capacidades como o razoamento crítico, razoamento lóxico, habilidade para falar en público de forma convincente ou a rapidez mental para poder responder aos argumentos doutros nenos.

Máis alá do razoamento e a argumentación, este curso tamén intenta promover valores como a tolerancia, o respecto a pensamentos e ideas opostas, o compañeirismo ou a capacidade de manter un debate serio e ordenado.

Para impartir este seminario, Cobre San Rafael e a Fundación Salcines trouxeron a Carlota González Suárez, unha docente de prestixio internacional e galardoada en múltiples ocasións nos concursos de debates nacionais e mundiais. Tamén foi nomeada xuíz para concursos de debates internacionais como o torneo PrecMude.

Do mesmo xeito, é directora do programa formativo BP Clara Campoamor, que fomenta a participación e presenza de mulleres no ámbito do debate e a oratoria.

O colofón final da actividade foi o debate do último día, no que, por equipas, os nenos da escola Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario (Grande Obra de Atocha) de Arzúa debateron entre eles.

Cada punto que acadaran os equipos no debate, a Fundación Salcines transformouse en quilos de comida que se doarán a entidades solidarias da contorna de Arzúa, un total de 140.

Desta maneira, a actividade, ademais de capacitar aos nenos en oratoria e debate, permite dotar de axuda aos máis necesitados da comarca de Arzúa e, así, colaborar coa contorna o máximo posible e desde diferentes perspectivas.

A empresa Cobre San Rafael colabora con entidades sociais da comarca e intenta dar a coñecer a súa proposta na mina de Touro O Pino con unha operación mineira moderna e sustentable para volver producir cobre na histórica explotación os próximos 15 anos.

O investimento supera os 200 millóns de euros para xerar máis de 400 empregos directos.

É un proxecto mineiro e de restauración ambiental, baseado na minería de transferencia, método que permite a restauración e a integración na contorna de ocos mineiros de forma paralela á explotación.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.