Concellos

Exitoso repaso aos 40 anos de Autonomía no foro do Coliseo noiés

  • 23 jul 2022 / 15:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Máis de medio cento de persoas asistiron este sábado no Coliseo Noela de Noia á segunda e última xornada do curso de verán dedicado ós 40 anos de Autonomía en Galicia, enmarcado no Campus do Emprendemento e do Saber de Noia, que organizan a Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia e o Concello.

Despois de que o venres se analizasen dende un punto de vista académico os procesos de construción da Autonomía, da Constitución de 1978 ó Estatuto de 1981 e da organización territorial do Estado en España, nesta segunda xornada do curso (dirixido por Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da USC), tocaba coñecer a visión deste período e as propostas das distintas sensibilidades políticas para un maior crecemento e benestar da sociedade galega.

Luis Álvarez Martínez, portavoz parlamentario do PSdeG-PSOE, plantexou “a necesidade” de afrontar unha reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia, mentres que Olalla Rodil Fernández, viceportavoz do Grupo Parlamentario do BNG, avogou por avanzar cara o soberanismo. Pola súa banda, Pedro Puy Fraga, portavoz parlamentario do PP, amosou a predisposición desta formación a abrir un debate sobre a reforma estatutaria, sempre e cando se estableza claramente con anterioridade a súa finalidade concreta.

O foro rematou coa actuación da soprano Esperanza Mara e da pianista Paula Gago, que interpretaron as pezas Un home, unha vida, de Prudencio Romo, e Galicia dos meus amores, de Felipe Paz Carbajal. Pechouse o acto co Himno de Galicia.

O Campus do Emprendemento e do Saber continuará os días 11, 12 e 13 de agosto cun curso sobre marisqueo (dirixido por Adelo Freire, secretario da confraría noiesa). E os días 1 e 2 de setembro terán lugar no Coliseo unhas xornadas sobre o legado xacobeo na Ría da Estrela, nas que ingresarán novos membros na Academia Xacobea.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.