Concellos

Extinguen un incendio en naves de Santa Comba esta madrugada

  • 18 ene 2023 / 08:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os Bombeiros de Santa Comba evitaron esta madrugada que se estendera o lume nun taller desa localidade aos inmobles vecinos. Foi pouco antes das 03.00 horas cando recibían o aviso dun incendio industrial en Talleres Arán Pombo da rúa Antonio Amigo, na capital xalleira.

O cabo que atende a chamada pregunta pola situación existente e informan que sae fume dun taller pola parte de abaixo da porta de acceso. Unha vez chegados ao lugar do incidente observaron que se trata de duas naves industriais, unha delas co portal entreaberto e do que sae fume en grandes cantidades. Feita unha valoración inicial, e grazas aos equipos autónomos de respiración, extínguese o sinistro e ventílanse as dúas naves, se rexistrarse danos persoais.

A superficie afectada foi duns 20 metros cadrados con material de oficina, luminarias e algúns recambios. Colaborou Protección Civil.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.