Concellos

Ferida de gravidade unha nena que foi atropelada por un vehículo na Estrada

A menor foi trasladada en helicóptero ao Complexo Hospitalario de Santiago

  • 16 abr 2022 / 20:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Unha nena resultou ferida de gravidade ao ser alcanzada por un vehículo na Estrada, concretamente no punto quilométrico 201 da N-640, na parroquia de Callobre. O 112 Galicia recibiu o aviso do atropelo a través da comunicación de varias persoas particulares, ás seis e media desta tarde.

Nada máis recibir a alerta, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero ata unha zona próxima ao lugar dos feitos; e tamén a da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, para prestar apoio ao equipo médico desprazado na aeronave medicalizada, na que a menor foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Ademais, desde o 112 Galicia informouse ao GES e a Protección Civil da Estrada.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.