Concellos
O ‘Rompedance’ congregará a grupos de danza urbana e de all styles // No Escenario Rompiente tamén haberá música, exhibicións e competicións // Acceso gratuíto TEXTO M. Torres

Festa multitudinaria en Porto do Son en xullo

  • 15 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Rompetiño Jump vén de confirmar a programación completa do Escenario Rompiente do festival, que terá lugar na zona portuaria de Porto do Son, dentro da zona deportiva e de entrada gratuíta.

A actividade neste escenario arrincará o venres 1 de xullo ás 21.00 horas coa actuación de Anduriña, un grupo de baile tradicional galego, e algunha sorpresa por confirmar. Ao remate desta actuación, dende as 23.00 ata as 2.00 haberá un dj-set a cargo de Crooked Savages, cunha programación dirixida aos máis maiores. Antes de todo isto, na zona próxima ao Escenario Rompiente, e desde as 16.00 horas, haberá graffitis, adestramentos de bmx e skate e exhibicións de flatland na área do skatepark, adestramentos e competición de parkour (speed contest), freestyle de futbol, talleres e partidos de basket para nenos.

O sábado día 2, no Escenario Rompiente, terá lugar a proba do campionato galego de Breaking 2 vs2, que comenzará cos adestramentos e talleres pola mañá, dende as 10.00. Ás 12.30 terá lugar a actuación de A banda da Balbina ata as 14.00, cun show tan espectacular coma tolo. Xa ás 16.00 arrincará a competición de break e ás 20.00 entregaranse os premios das competicións do sábado aos gañadores dos mesmos. Rematará a programación do sábado neste escenario con Crooked Savages ata as dúas da mañá.

O domingo 3 de xullo presentarase neste escenario unha das grandes novidades desta edición do Rompetiño: a proba Rompedance. Será unha competición de baile con dúas modalidades, grupos de danza urbana (hip-hop, breaking, locking, popping ou house) e grupos all styles (baile deportivo, contemporáneo, clásico, ballet ou caribeño) con 3 categorías: absoluto, junior e infantil con premios en metálico en cada categoría de ata 300 euros. A competición terá lugar desde as 10.00 horas, cun descanso de 12.30 a 14.00 onde o grupo de rock barbanzán Recambios Tucho fará bailar ós asistentes.

Serán, sen dúbida, unha das grandes atraccións deportivas desta edición do Rompetiño Jump, coa participación de escolas de baile de toda Galicia. O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xenera encontros en torno ao directo. Rompiente Clothing, na súa aposta polo talento xoven, apoia ao festival sonense como plataforma de lanzamento artístico sobre un marco e un escenario inigualable.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.