Concellos
Os alumnos recitaron e escenificaron o libro titulado ‘Camiñando, camiñando...’ para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares TEXTO Víctor Furelos

Festa no colexio do Foxo con un poemario de Luna Sanmartín

  • 23 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Co gallo do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, o Colexio de Educación Infantil e Primaria do Foxo, na Estrada, asistiu o venres á presentación do poemario Camiñando, camiñando..., de Xosé Luna, ilustrado por Olaya Naveira, editado por Bolanda e prologado por Armando Requeixo.

O acto celebrouse a cabalo entre o Xardín da Poesía e a biblioteca bautizada co nome do escritor Xosé Neira Vilas, coa asistencia de todo o alumnado e profesorado. Os rapaces de Infantil escenificaron o poema titulado O camiño, xusto antes de que o propio Xosé Luna plantase unha cerdeira. Chegou despois o turno dos estudantes de 1º e 2º recitando os poemas Na procura do camiño e A lúa e o neno, para que despois os asistentes protagonizaran unha camiñada no entorno do centro escolar vendo a escenificación do poema Polo San Paio por parte do alumnado de 3º.

Os actos en torno ó libro de Luna Sanmartín, mestre do colexio do Foxo, continuaron coa performance do poema Caminos da vida, a cargo dos rapaces de 4º, que deixaron paso ós de 5º cos Haikus do camiño, rematando as intervencións dos estudantes os alumnos de sexto de Primaria, que escenificaron o poema titulado Brincadeira do camiño.

Xa a cuberto, na biblioteca, chegaron os discursos da directora do colexio, Rosa Mª Ferreira; o estudoso e crítico literario Armando Requeixo; a ilustradora do libro Olaya Naveira; o editor de Edicións Bolanda, Tomás Valín; e o autor do poemario, Xosé Luna, rematando co visionado do álbum dixital de Camiñando, camiñando... feito polos propios alumnos do colexio do Foxo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.