Concellos
As obras estarán expostas no centro cultural de Sigüeiro // Manuel Mirás e Lurdes de Oliveira foron homenaxeados no acto da inauguración TEXTO Manuel Boo

GóisOrosoArte reúne a artistas de 25 países

  • 12 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Oroso inaugurou unha nova edición do certame internacional GóisOrosoArte, nesta ocasión co título 25 países contra a pandemia. O acto serviu tamén para facer un recoñecemento ao exalcalde, Manuel Mirás, e a Lurdes de Oliveira, que deixa este mes a presidencia da Cámara de Góis. Ambos tiveron un papel protagonista desde hai anos nas diferentes iniciativas vinculadas ao irmandamento entre ambos concellos que se firmou no ano 2007.

O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, manifestou na súa intervención que “GóisOrosoArte representa para o noso concello cada ano a apertura dunha fiestra, a da expresión artística, deixando aos creadores que pasen para ensinarlle aos veciños a súa visión da realidade”.

“Góis e Oroso conseguimos consolidar un certame artístico que é un dos motivos polos que nos atopamos cada ano e as obras seleccionadas configuran un itinerario cultural que fortalece a unión entre os dous concellos, tamén entre os dous países”, apuntou.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Vanesa Boo, destacou “a importancia de manter vivo o certame a pesares da pandemia”, agradecendo “o número e a calidade das obras presentadas”.

A presidenta da Cámara de Góis, Lurdes de Oliveira, fixo fincapé “na riqueza do diálogo e o intercambio de experiencias entre pobos amigos”, mentres que Manuel Mirás agradeceu o recoñecemento e mostrouse orgulloso “da aposta pola cultura do Concello de Oroso desde hai décadas”.

Por último, Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, puxo en valor “a antigüidade dun certame cada vez máis coñecido e recoñecido”.

As obras que forman parte desta exposición artística estarán expostas durante as próximas semanas nunha das salas do Centro Cultural de Oroso.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.